• ?
  • Rexistro

Prácticas no estranxeiro Alumnado de Ciclos Formativos – Curso 2022/23

1.- Ábrese o prazo para a solicitude de prazas subvencionadas polo programa Erasmus+ dirixidas ao alumnado de Ciclos Formativos para realizar a FCT no estranxeiro nos seguintes períodos:

  • Xaneiro a marzo do 2023.
  • Abril a xuño do 2023.
  • Outubro a decembro do 2023.

2.- Tamén está aberto o prazo para a realización de prácticas de recén titulado con finalización non máis tarde do 31 de maio de 2023. Duración dous ou tres meses.

O alumnado e ex alumnado que estea interesado, debe enviar a súa solicitude cubrindo este formulario.

O prazo de solicitude finaliza o día 14 de novembro. É importante realizar a solicitude en prazo e así garántese a prioridade establecida nos criterios de selección.

3.- Próximas convocatorias:

Abrirase en abril un novo prazo de inscrición para realizar:

  • FCT de outubro a decembro de 2023.
  • Extracurriculares de verán.
  • Recén titulados a partir de 1 de xuño.

Ademais de Erasmus+ hai outras fontes de financiamento. Máis información:

Criterios de selección
FAQ
Experiencias do alumnado Erasmus+:  VídeosBlogue.

Poden consultar calquera dúbida por email: erasmus@iessanclemente.net