• ?
  • Rexistro

Visita de profesoras da AE Carlos Amarante

O pasado 14 de xuño tivemos a oportunidade de recibir no IES San Clemente a dúas profesoras da AE Carlos Amarante que forman parte do equipo Erasmus+ nesta institución: Maria Luz Miranda e Maria da Graça Moura Esteves.

 

Está en marcha unha colaboración moi importante entre o IES San Clemente e o AE Carlos Amarante. Esta colaboración está facendo posible unha tarefa realmente complicada nestes tempos de pandemia: crear oportunidades de realización de estadías Erasmus+ no estranxeiro, concretamente nunha cidade tan bonita e importante no noso sector como é a de Braga, en Portugal.

Froito deste traballo conxunto, 11 alumnos do IES San Clemente realizaron estadías en Braga de curta duración, 2 alumnas realizaron as prácticas de FCT e estamos finalizando a organización de entre 4 e 6 estadías de prácticas para o verán nesta cidade portuguesa. Asimesmo, 8 alumnos e alumnas do AE Carlos Amarante realizan as súas prácticas curriculares en empresas de Santiago de Compostela.

Foi un privilexio ter a oportunidade de recibir persoalmente ás profesoras da AE Carlos Amarante, o que nos permitiu intercambiar ideas e acercar un pouco máis as nosas institucións académicas.