• ?
  • Rexistro

Ciclo de FP Dual no curso 2021/22

O IES San Clemente, en colaboración coa multinacional SoftwareONE, oferta no curso 2021/2022 o ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW) en modalidade Dual.

Prazo de inscripción: dende o 25 de xuño ata as 13,00h do 2 de xullo.

A FP Dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

Nos dous anos que dura o ciclo, o IES San Clemente e a empresas colaboradora comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral. O alumnado admitido percibirá unha remuneración proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación.

Máis información no tríptico informativo ou na páxina web do ciclo.

Outra información sobre a FP dual en Galicia.

Máis información en: