• ?
  • Rexistro

Probas de acceso a ciclos medios e superiores convocatoria 2021

No Diario oficial de Galicia do 9 de febreiro de 2021 publícase a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D). Pódese acceder a dita convocatoria e ao calendario dende o enlace seguinte:

Convocatoria das probas de acceso a ciclos medios e superiores

Calendario das probas de acceso a ciclos medios e superiores

PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: entre os días 18 de febreiro e 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: entre os días 15 e 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.