• ?
  • Rexistro

Job Shadowing 2020/2021

O IES San Clemente oferta catro bolsas Erasmus+ para realizar un Job Shadowing nun centro educativo de FP ou empresa, fóra do estado español.

Descrición:

  • Duración: unha bolsa Erasmus+ de 7 días, as demais 5 días, viaxe incluída.
  • Finalidade: Desenvolvemento profesional do persoal docente así como o desenvolvemento das institucións implicadas. Debe enmarcarse nun enfoque estratéxico das organizacións participantes.
  • Destinatarios: profesorado de tódolos ciclos.
  • Orzamento: segundo a duración e o país de destino, entre 700 e 900 euros.
  • Criterios de selección:
    – Colaboración en proxectos europeos.
    – Non ter participado anteriormente nun Job Shadowing.
    Calidade do borrador do programa de mobilidade presentado pola persoa solicitante tras consultar coa institución, empresa ou organización de acollida.
    – Para solicitudes fóra de prazo: por orde de solicitude.

O profesorado que estea interesado, debe solicitar formar parte do proceso de selección antes do 15 de novembro, escribindo a erasmus@iessanclemente.net