• ?
  • Rexistro

Ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Web en modalidade dual

O IES San Clemente, en colaboración coas empresas DataCenter, Dimensiona, Zadia Software, Ozono Multimedia, AVA Soluciones Tecnológicas, Nática Sistemas de Información, e CoComm Servicios Telecomunicaciones, oferta de novo no curso 2020/2021 o ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW) en modalidade Dual.

Prazo de inscripción: dende  o 25 de xuño ao 8 de xullo.

A FP Dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

 

Nos dous anos que dura o ciclo, o IES San Clemente e as empresas colaboradoras comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral. O alumnado admitido percibirá unha remuneración proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación.

Máis información no tríptico informativo ou na páxina web do ciclo.