• ?
  • Rexistro

Job Shadowing 2019/2020

O IES San Clemente oferta tres prazas para realizar entre dous e cinco días de Job Shadowing nun centro educativo de FP ou empresa, fóra do estado español.

  • Destinatarios: profesorado de todos os ciclos.
  • Distribución das prazas: dúas para ciclos superiores e unha para ciclo medio.
  • Orzamento: segundo a duración e o país de destino, entre 800 e 1000 euros.
  • Criterios de selección:
    – Preferentemente, profesorado que non participase anteriormente nun Job Shadowing.
    – En segundo lugar, calidade do acordo alcanzado co centro de acollida.
    – Para solicitudes fora do prazo: por orde de solicitude.

O profesorado que estea interesado, debe solicitar formar parte do proceso de selección antes do 15 de novembro, escribindo a erasmus@iessanclemente.net