• ?
  • Rexistro

Novo ciclo de FP dual

Novo ciclo superior de FP Dual

O IES San Clemente, en colaboración coa empresa Tecnologías Plexus, comeza a ofertar no curso 2019/2020 o ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW) en modalidade Dual.

Imaxe cartel

A FP Dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

Imaxe tríptico  Imaxe tríptico interior

Nos dous anos que dura o ciclo, o IES San Clemente e a empresa Tecnologías Plexus comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral. O alumnado admitido percibirá unha remuneración proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación.

Máis información no tríptico informativo ou na páxina web do ciclo.