• ?
  • Rexistro

Job Shadowing de Juan Morillo

Entre o 25 e o 29 de marzo o profesor do IES San Clemente Juan Morillo visitou as empresas Mimic e Aeria Games en Berlín (Alemaña), nas que varios dos nosos alumnos realizaron con éxito a Formación en Centros de Traballo recentemente.
CAPLE

Esta estadía serviulle para poñerse ó día acerca das ferramentas software que usan empresas punteiras coma estas, e poder así mellorar a calidade dos contidos das asignaturas que imparte. Tamén para aprender acerca de formas de traballo colaborativo innovadoras, como a da empresa Mimic, onde os equipos son moi dinámicos.

Esta foi unha moi boa oportunidade para reforzar a colaboración e saber mellor cal é o perfil de alumnado que mellor se integraría en cada unha delas.

Pódense ler directamente os artigos publicados por Juan en https://atlanticovet.blogspot.com/.