A piques de rematar outro curso , o 2017-2018, quero renovar propósitos cara a seguir traballando pola igualdade real, aínda que si só fose a través deste Obradoiro, teño que recoñecer que os logros dese traballo serían e son frustrantes. Nunca souben cantas persoas se poderían ter achegado a ler algo do que “colgo” neste espazo….pensamentos, reflexións en alto, chamamentos á sororidade, á empatía, á igualdade, á xustiza e a poñernos de cando en vez , e mellor sempre, as “gafas moradas”, utilizando a perspectiva de xénero, pasando o tamiz do xénero en todas e cada unha das situacións que vivimos xornada a xornada pois, considero, que se non somos quen de poñernos no lugar e nas circunstancias do resto da nosa realidade e así poder ter unha convivencia no quefacer cotiá moito máis levadeira e humana, perdemos a oportunidade de medrar como persoas en sentimentos e na intelixencia emocional que nos diferenza do resto do mundo animal.
Temos que ser conscentes de que as necesidades e problemáticas das diferentes persoas, sexan por xénero ou por outras características, nos fan a vida , o traballo e , incluso, as relacións , máis ou menos custosas….de aí a importancia de que a representación sexa máis acorde coa realidade.
Xa sei que o tema da linguaxe “non sexista” ou inclusiva, non é un tema que goste ou que apeteza, entre outras cousas porque está tan enraizado o masculino que costa traballo cambialo, hai que estar pendente das palabras no oral ou na escrita , pero unha vez que tomamos a decisión de sensibilizarnos é “pan comido”….de feito facémolo a diario incorporando verbas, modos diferentes na lingua, moitas delas inexistentes fai poucos anos, sen embargo, con respecto ao xénero non se fai coa mesma disponibilidade e , baixo o meu punto de vista, a lingua non é neutra, nin inocente e o que non se nomea….remata por ser invisible ou deixar de existir.
Nun mundo cheo de mulleres non é moi xusta e nada representativa unha lingua que oculte conscientemente á metade da poboación. Invítovos desde este espazo de Igualdade a que o fagades cada vez con maior sensibilidade e consciencia e que ao longo dos vindeiros cursos poidamos falar con coñecemento da realidade que vivimos.
Grazas por estar, por ler de cando en vez, aínda que boto de menos a participación das persoas que leades este blog e que , supoño, teriades moito que dicir e aportar. Grazas e boas vacacións…..sempre en violeta…………
Guillermina Domínguez Touriño




