• ?
  • Rexistro

Mobilidade para estudos en Viana – 2018

Os alumnos de 2SMR Mar Cortés e Miguel González están asistindo a clases de FP Multimedia no colexio ETAP de Viana do Castelo, por medio do proxecto AtlânticoVET de Erasmus+. Ambos son alumnos da sección bilingüe en portugués SOR.

Teñen un horario combinado de clases na ETAP e prácticas nunha empresa local, Redmonitor, realizando tarefas de reparación, montaxe e venda. Tamén participaron nas actividades da escola e do Concello na Semana da Europa.

Esta é a terceira vez que o IES San Clemente envía alumnos ao estranxeiro para realizar estudos e a experiencia está sendo moi enriquecedora segundo nos relatan os protagonistas no blogue do proxecto.

Máis información:
Blogue
Horario de clases