• ?
  • Rexistro

Job Shadowing de Hashmit Parker

Entre o 6 e o 9 de marzo de 2018 recibimos a Hashmit Parker, do Colaiste Dhulaigh College of Further Education de Dublín, Irlanda.

Durante estes catro días mantivemos reunións sobre diversos aspectos organizativos (VET, Erasmus+, eTwinning, FCT), plataformas de ensino a distancia e sobre todo, administración do sistema informático do IES.

Hashmit tamén realizou unha pequena presentación para o alumnado de ASIR. Varios alumnos deste ciclo realizaron a súa FCT no CDCFE baixo a súa supervisión.

Máis información