• ?
  • Rexistro

Prácticas no estranxeiro – Difusión para Modular

No día 17 de xaneiro de 2017 contamos coa presenza de Luis Rodríguez Castromil e Gonzalo Suárez Cardoso, que contaron a súa experiencia como estudantes en prácticas no estranxeiro ao alumnado de ASIR e DAW modulares.

Luis fixo a FCT nunha empresa de Dublín, onde o contrataron e estivo traballando cinco anos. Tamén colaborou co noso IES procurando empresas para as FCTs dos nosos alumnos. Gonzalo realizou dous períodos de prácticas en dúas empresas de Lisboa, primeiro a FCT e despois como recén titulado.

Ambos foron beneficiarios de bolsas Erasmus e Erasmus+ KA103 e recibiron unha axuda da Consellaría de Educación.

Luis e Gonzalo falaron das súas experiencias nos seus destinos (aloxamento, modo de vida, turismo, etc) e nas empresas, facendo fincapé na necesidade de que o alumnado se adapte ás tarefas propostas polas compañías, aproveitando as oportunidades para aprender cousas novas e ampliar o CV. Por exemplo, ambos estudaron ASIR pero tiveron que realizar tarefas de programación web.

Xa está aberto o prazo para que o alumnado de modular poida solicitar unha bolsa Erasmus+ para realizar as prácticas en outono de 2017, con contías de até os 1 100 euros (máis 700 euros da Consellaría de Educación). Tamén existe a posibilidade de realizar prácticas extra curriculares.

Máis información: