IES San Clemente
  • entrar
  • ?
  • Rexistro

dinamización

novas

II Certame de micro vídeos

B A S E S

1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o II Certame de micro vídeos.
2. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa: alumnado, profesorado e PAS.
3. Os vídeos deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre e debe estar presente o galego oral ou escrito, en calquera das súas variantes. Débese usar vídeo real en vez de secuencias de imaxes fixas, as gravacións deben ser propias e teñen que narrar un tema en galego pero evitando tratar sobre “Galicia” e a “lingua galega”.
4. A duración máxima do vídeo é dun minuto e medio.
5. Os vídeos deberán enviarse por correo electrónico a edlg@iessanclemente.net indicando o título e datos persoais do/da participante.
6. O prazo máximo para a entrega dos traballos é o 28 de febreiro de 2017 ás 23:59 horas.
7. Os vídeos seleccionados serán publicados polo EDLG e os autores e autoras recibirán un certificado de participación e un pequeno presente.
8. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e do audiovisual e poderá incluír membros externos ao centro.
9. O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer antes da Pascua.
10. A participación no concurso supón a aceptación destas bases.