• ?
  • Rexistro

Mobilidades para prácticas no estranxeiro – Difusión

No día 21 de setembro de 2016 contamos coa presenza de Félix Pardal e Pablo Pérez, que contaron a súa experiencia en Lisboa ao alumnado do ciclo medio SMR. Ambos realizaron a FCT na capital lusa en primavera de 2016, por medio do proxecto AtlânticoVET de Erasmus+ KA102 (e do homónimo de eTwinning).

Diego Yolanda

 

 

 

 

 

 

No luns 3 de outubro foron Martín Galante e Iago Rodríguez os que falaron aos alumnos de ciclos superiores sobre as prácticas en Dublín, o Porto e Lisboa. Martín foi beneficiaro dunha dunha bolsa “erasmus.es” do Ministerio de Educación (xa extintas) e da axuda da Consellaría de Educación, para realizar a FCT en Dublín. Posteriormente recibiu unha bolsa Erasmus+ KA103 para prácticas de recén titulado no Porto, igual que Iago en Lisboa.

Os catro alumnos cursaron seccións bilingües de portugués ou inglés.

Diego2

Os coordinadores de proxectos europeos explicaron que o alumnado de ciclo medio pode optar a bolsas de Erasmus+ duns 2 300 euros, para realizar prácticas en Portugal, mentres que o alumnado de ciclos superiores poden escoller calquera país europeo e as bolsas poden chegar até os 1 100 euros (máis setecentos da Consellaría de Educación).

Xa está aberto o prazo para que o alumnado de 2º de SMR, DAM e ASIR ordinario poida solicitar unha bolsa Erasmus+ para realizar as prácticas en primavera de 2017.

Máis información: