• ?
  • Rexistro

Mobilidades para prácticas no estranxeiro – Difusión

No día 23 de setembro de 2015 contamos coa presenza de Yolanda García López, ex alumna do IES San Clemente, que contou a súa experiencia en Lisboa ao alumnado do ciclo medio SMR. Yolanda realizou a súa FCT na capital lusa en primavera de 2015, por medio do proxecto AtlânticoVET de Erasmus+ KA102 (e do homónimo de eTwinning).

Yolanda Diego

 

 

 

 

 

No venres 25 foi Diego García Montero quen falou aos alumnos de ciclos superiores sobre as prácticas en Dublín. No seu caso, por medio dunha bolsa “erasmus.es” do Ministerio de Educación e coa axuda da Consellaría de Educación.

Ambos alumnos cursaron seccións bilingües de portugués e inglés respectivamente.

Diego2

Os coordinadores de proxectos europeos explicaron que o alumnado de ciclo medio pode optar a bolsas de Erasmus+ de máis de tres mil euros, para realizar prácticas en Portugal, mentres que o alumnado de ciclos superiores poden escoller calquera país europeo e as bolsas poden chegar até os mil euros no caso de Erasmus+ ou mil cincocentos no caso de “erasmus.es”.

A primeiros de outubro abrirase o prazo para que o alumnado de 2º de SMR, DAM e ASIR ordinario poida solicitar unha bolsa Erasmus+ para realizar as prácticas en primavera de 2016.

 

Máis información: