• ?
  • Rexistro

Visita do profesor alemán Heinz-Georg Beckmann

Esta semana recibimos a visita de Heinz-Georg Beckmann, director do equipo de proxectos europeos do Kaufmännische Berufsbildende Schulen do condado de Bentheim en Nordhorn (Alemania).

O IES San Clemente colabora con este centro alemán recibindo alumnado para a realización do período de prácticas en Compostela. A última alumna foi Sandrine. Está previsto seguir a colaboración recibindo novo alumnado no próximo curso académico.

Na entrevista que tivemos con  Heinz-Georg contounos un pouco como funciona a FP dual en Alemania. Nesta presentación pódese atopar máis información sobre o centro alemán.

Heinz-Georg-Alemania

O alumnado de FP Informática do IES San Clemente tamén ten a posibilidade de realizar a súa FCT en empresas de Nordhorn, moi comprometidas coa formación dos futuros profesionais.