• ?
  • Rexistro

Difusión do proxecto LdV: FCT SdC-LX

Os ex alumnos Leonel Lado e Daniel Vieites, que participaron no proxecto Leonardo da Vinci «FCT Santiago de Compostela – Lisboa» durante a primavera de 2013, presentaron a súa experiencia aos alumnos do Ciclo Medio Sistemas Microinformáticos e Redes, tanto de primeiro como de segundo ano.

LeonelDaniel1

Ambos explicaron en que consistiron os pasos previos: formación lingüística e cultural por medio da sección bilingüe en portugués (módulo SOR de segundo ano), formación específica financiada polo proxecto Leonardo da Vinci tanto en Compostela como en Lisboa e actividades culturais durante a primeira semana da mobilidade organizadas polo colexio INETE (socio intermediario).

IMG_7030_2592x1728

Despois diso comezou a súa grande aventura, xunto co compañeiro Iago Arthaud: realizar a FCT nas catro sedes que a multinacional Teleperformance ten en Lisboa. Traballo duro, responsabilidade, moita aprendizaxe, moi boa relación cos colegas de traballo, foron os ingredientes dunha experiencia inesquecible que recomendan ao alumnado de SMR.

Son oportunidades que pasan unha vez na vida

Leonel e Daniel deron consellos prácticos para vida diaria (desprazamentos, aloxamento, comidas, etc.) e responderon a varias preguntas dos asistentes, pero sobre todo falaron dos detalles das tarefas realizadas para as campañas de empresas como eBay, Symantec, Philips, etc. e da aprendizaxe do idioma.

Tamén participaron na instalación do sexto Contact Center da multinacional en Portugal, que acaba de ser inaugurado.

Máis información: