• ?
  • Rexistro

Homenaxe a Wangari Maathai "El colibrí que quiso salvar al mundo"

Certo, o mundo segue a ser un lugar complicado para vivir, pero certo é tamén que son mulleres como Wangari Maatai, as que nos ensinan que desde lugares e situacións tan complexas coma as que viven elas, se pode facer, se pode medrar, se pode progresar. A loita desta muller desde que naceu nun lugar de Kenia, foi pola sostenibilidade ambiental, nunha rexión que como ela recordaba "Cando nacín (1° de abril de 1940), a rexión de Ihithe era aínda exuberante, verde e fértil, e as estacións tan regulares que non custaba predicir que as interminables choivas monzónicas comezarían a descargar a mediados de marzo. En xullo todo o mundo sabía que habería tanta néboa que non se alcanzaría a ver máis aló de tres metros e que pola mañá faría tanto frío que a herba aparecería cuberta por unha capa de escarcha prateada. En kikuyu, a xullo coñéceselle como "mworia nyoni" ou mes en que os paxaros veñen abaixo, porque os animais xeábanse e caían das árbores. (Fragmento da autobiografía Coa cabeza ben alta)

Cando recentemente empezamos a plantar as árbores faciámolo como unha simple resposta ás necesidades das mulleres en áreas rurais. Unha das principais razóns que me moveron a ver máis aló é que tendo a analizar as causas dos problemas. Por exemplo, eu trataba de entender por que nos nosos días os kenyanos non tiñamos auga limpa para beber, se eu si a tiven na miña nenez. A relación entre a poboación rural, a terra e os recursos naturais son moi estreitos entre si. Pero cando un ten un mal goberno, estes recursos destrúense: os bosques se deforestan, existe talla indiscriminada e erosión dos chans. Ao profundar cada vez máis exhaustivamente cheguei á conclusión de que todos os problemas atopábanse relacionados coa gobernabilidade, a corrupción e a ditadura. (Entrevista á revista Motherjones.com).

A partir deste momento virían tempos difíciles para Wangari Maathai, tempos de opresión e violencia, porque a súa loita era contra os gobernos e as industrias que sobrepuñan o desenvolvemento ao medio ambiente. Virían longas noites en prisión por ?revolucionaria?, por ?revoltosa?. Viría unha loita a matar contra o réxime autoritario do expresidente kenyano Daniel Arap Moi (que gobernou entre 1978 a 2002), o cal pretendía construír un complexo urbanístico no pulmón verde de Nairobi: o Parque Uhuru. Estas batallas custáronlle moitos sufrimentos, moitas bágoas, moitos golpes de uniformados, que quedaron consignados nunhas fotografías que volveron circular esta semana, cando o mundo rexistrou a súa morte.

En 2004, sendo secretaria de Estado para o Medio Ambiente (posto que ocupou entre 2003 e 2005, no goberno do actual presidente Mwai Kibaki ) chegou o Nobel. Din que estaba traballando cando recibiu a noticia, que era un día de outubro e que para celebralo plantou unha árbore, un máis que sumouse por centos da súa autoría. O día en que recibiu o premio vestía un traxe laranxa, amplo, brillante. Tiña un listón no pelo ?sempre levaba un? e un sorriso indestructible ?como case sempre?. ?A paz na Terra depende da nosa capacidade para asegurar o medio ambiente. Maathai estivo á fronte da loita do desenvolvemento económico, cultural e ecoloxicamente viable de Kenia e África?, argumentou o Comité Nobel cando lle entregou o recoñecemento.

Ese mesmo día protagonizou quizá a escena máis polémica da súa vida: nunha conferencia de prensa, para responder á pregunta dalgún xornalista, asegurou que o VIH/Sida era un produto da enxeñería xenética, unha arma biolóxica que fora liberada en África por investigadores occidentais para despoblar África. O mundo enteiro caeulle encima. E ela, abatida, non tardou en matizar a súa postura. E non tardaron tampouco os medios en esquecer aquel episodio porque a súa obra era máis poderosa, porque os seus logros eran incuestionables.

Con inmensa tristeza, a familia de Wangari Maathai anunciou o seu falecemento, ocorrido o 25 de setembro logo dun longo e valente combate contra o cancro. Así se decatou o mundo da morte de Wangari Maathai o pasado luns na madrugada, aos 71 anos. Nun das múltiples homenaxes que se fixeron no seu nome, o tamén Nobel de Paz e africano Desmond Tutu (sacerdote, pacifista) dixo estas palabras: ?Wangari Maathai foi unha auténtica heroína africana que comprendeu o lazo indisoluble entre a pobreza, os dereitos e a sustentabilidade ambiental?. Este é, quizais, o máis fiel resumo da súa vida.

Axencias varias. Tradución e adaptación: G.D.T.