• ?
  • Rexistro

Avanzamos en igualdade en educación e saúde, pero non en toma de decisións

Onte presentáronse o Informe Global 2008 de Brecha entre Xéneros do Foro Económico Mundial e Ámbitos de converxencia: Cultura, xénero e dereitos humanos, do Fondo de Poboación de Nacións Unidas (Funap). Deles, despréndese que a discriminación da muller segue sendo un problema estendido por todo o mundo e profundamente arraigado en moitas culturas a pesar dos esforzos realizados por promover os seus dereitos.
O Foro Económico Mundial é un centro de estudos con base en Suíza máis coñecido polo cume que celebra en xaneiro cada ano en Davos. Para a realización do Informe Global de Brecha entre Xéneros utiliza información das Nacións Unidas e outros datos para considerar o equitativamente que se distribúen os países os seus recursos e oportunidades entre homes e mulleres.

O índice non castiga a aqueles países que teñen baixos niveis xerais de educación, por exemplo, senón a aqueles onde a distribución de educación é desigual entre homes e mulleres, explicou o coautor do estudo, Ricardo Hausmann, da Universidade de Harvard.
España ocupa o posto número dezasete da táboa
O informe do 2008 realizado por esta institución, que analiza os datos de 130 países, achou que as mulleres case alcanzaron a paridade cos homes en logros educacionales, de saúde e supervivencia, tanto en países ricos como pobres, pero que aínda están moi por detrás dos homes en roles políticos e de toma de decisións.

O centro de estudos considerou a Noruega, Finlandia e Suecia como os países coa maior igualdade entre sexos, mentres que Arabia Saudita, Chad e Iemen están no extremo oposto. España situábase no posto número 17 da táboa.
Unha maior representación da muller en posicións de liderado en gobernos e entidades financeiras é vital tanto para achar solucións á crise económica actual, como para evitar turbulencias futuras. No Foro Económico Mundial facemos especial fincapé en afrontar ese desafío cun enfoque mutiparticipativo a través de Grupos de Paridade de Xénero globais e rexionais, sinalou Klaus Schwab, fundador e Presidente Executivo do Foro Económico Mundial.

O Informe Global de Disparidade entre Xéneros 2008 baséase na innovadora metodoloxía introducida en 2006 e inclúe perfís detallados que ofrecen unha nova percepción dos aspectos económicos, legais e sociais da disparidade entre xéneros de cada país.

O estudo pon de relevo que o progreso non só é factible, senón posible nun período relativamente curto de tempo: facendo unha retrospectiva do índice, vemos que países como Chile, España, Turquía e Finlandia reduciron entre 5 e 10 puntos porcentuais as súas respectivas disparidades entre xéneros nos últimos oito anos. Se interpretamos estes cambios porcentuais a nivel social, vemos que centos de miles de vidas ven afectadas por iso.
Cultura, xénero e dereitos humanos

As cifras do documento ofrecido polo Fondo de Poboación de Nacións Unidas indican que un 60 por cento dos mil millóns de persoas máis pobres do mundo son mulleres, así como dous terzos dos 960 millóns de adultos que non saben ler nin escribir e un 70 por cento dos 130 millóns de nenas e nenos non escolarizadas-os.
O informe anual titulado Ámbitos de converxencia: Cultura, xénero e dereitos humanos advirte que a discriminación da muller está profundamente arraigada e amplamente expandida en moitas culturas. O seu reflexo en países industrializados vese nas peores condicións laborais da muller, que segue gañando menos que os homes.
________________________________________