• ?
  • Rexistro

Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma. Oferta Modular

Familia profesional

Informática

Título que se obtén

Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma

Saídas profesionais

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en entidades públicas ou privadas de calquera tamaño, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicación informáticas multiplataforma en diversos ámbitos: xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lecer, dispositivos móbiles e entretemento; aplicación desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet; e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Desenvolvedor de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio.
  • Desenvolvedor de aplicacións de propósito xeral.
  • Desenvolvedor de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil

Duración

Nestes estudos podes elixir o número de módulos que ti entendas que podes superar cada ano segundo as túas circunstancias laborais, familiares, etc.   Todos os módulos (incluídos os de segundo ano) realízanse entre os meses de setembro e xuño.  Cando teñas superados todos os módulos de FCE, poderás realizar, de outubro a decembro,  as prácticas en empresas por un total de 384 horas (máis o módulo de Proxecto).

Oferta Modular

Programacións para o curso 2023-2024

Módulos de primeiro ano

Módulos Horas
Bases de datos 187
Contornos de desenvolvemento 107
Formación e orientación laboral 107
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 133
Programación 240
Sistemas informáticos 186

Módulos de Segundo ano

Módulos Horas
Acceso a Datos 157
Desenvolvemento de interfaces 140
Programación multimedia e dispositivos móbiles 123
Programación de servizos e procesos 70
Sistemas de xestión empresarial 87
Empresa e iniciativa emprendedora 53

Despois de superados os módulos anteriores

Módulos Horas
Proxecto de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma 26
Formación en centros de traballo 384

Máis Información

https://www.edu.xunta.es/fp/

#FPGalicia

 Admisión e Matrícula
 Probas acceso a ciclos
 Validacións
 Currículos dos ciclos
 Formación en Centros de Traballo
 Normativa que regula a Formación Profesional
Suplementos Europass ao título