Formación en Portugal dentro do programa PIALE

Formación en Portugal dentro do programa PIALE
O profesor de Portugués no bacharelato do IES San Clemente, Carlos Callón, participou durante a segunda quincena de novembro de 2025 nunha estadía formativa na Escola Artística de Soares dos Reis, un centro público de referencia no ensino artístico especializado situado no Porto. Esta actividade realizouse no marco do programa...

Cualificacións Finais ESPA C1 e prazos matrícula ESPA C2

Cualificacións Finais ESPA C1 e prazos matrícula ESPA C2
As cualificacións publicáronse hoxe luns 2 de febreiro. Pódense consultar entrando en https://alumnado.iessanclemente.net/ A revisión será preferentemente telefónica ou telemática, os días 2 e 3 de febreiro, no horario de atención do profesorado nas Aulas virtuais. Para solicitar a copia do exame o alumnado deberá dirixirse ao profesorado a través do correo da Aula...

Exames Finais ESPA C1 no IES García Barbón luns 26

O exames finais da ESPA C1 , que non puideron ter lugar o venres 23 no IES García Barbón (Verín) por mor da alerta metereolóxica, terán lugar o luns 26 no IES García Barbón, seguindo o mesmo horario do día de exames.      

Cursos Aula Mentor Formación Profesorado

Cursos Aula Mentor Formación Profesorado
O 15 de xaneiro de 2026 abriuse o prazo de matrícula dos cursos pertencentes á Convocatoria de Formación do Profesorado, destinados aos docentes que teñen interese en realizar cursos Mentor, e que unha vez finalizados satisfactoriamente dentro das convocatorias de abril, xuño e outubro de 2026 ficarán inscritos no Rexistro...

Exames 2ª Avaliación Bacharelato a Distancia

Os exames da 2ª Avaliación do Bacharelato a Distancia do IES San Clemente celebraranse de xeito presencial os días 27 e 29 de xaneiro  (2º Bacharelato) e os días 23 e 25 de febreiro  (1º Bacharelato). Terán lugar no IES San Clemente e nos centros EPA de A Coruña,...

Exames Avaliación Final ESPA C1 e prazos matrícula ESPA C2

Os exames da Avaliación Final do 1º Cuadrimestre da ESPA (ESPA C1)  terán lugar o venres 23 de xaneiro de forma presencial no IES San Clemente de Santiago e nas seguintes localidades: A Coruña (EPA Eduardo Pondal), Arzúa (Recinto Feiral Terra do Queixo), Boiro (Centro Social de Abanqueiro, Aldea...