• ?
  • Rexistro

EDLG – Informe final 2019/2020

Neste ano non publicamos a memoria do EDLG porque por mor do confinamento, os proxectos foron estendidos durante o próximo ano lectivo. Con todo, queremos informar de que se realizaron a maior parte das actividades previstas, por exemplo: concursos, certames, presentacións, proxectos eTwinning Pek, a Pulga Viaxeira e Letras Galegas,...

33º Concurso Literario – Fallo do xurado

33º Concurso Literario – Fallo do xurado
O xurado do 33º Concurso Literario do IES San Clemente acordou conceder os seguintes premios. Modalidade relato: 1º premio (125 €): Superei, supereime e volvín a ser eu de Nerea García Porto (2BachCiencias) 2º premio (100 €): Otto H. Frank de Juan Carlos Fernández Insua (2BachHumanidades) Accésit (30 €): Vida Nova...

Unha homenaxe ás deportistas galegas

Unha homenaxe ás deportistas galegas
O alumnado do IES San Clemente en colaboración co IES Ordes e IES de Arzúa, elaboraron unha moi completa presentación sobre deportistas galegas de distintos ámbitos: fútbol gaélico, traíñas, ciclismo, atletismo, natación, vela... entre outros deportes. Dende aquí, agradecemos a súa colaboración ao alumnado participante, posto que é esencial visibilizar...

10º Concurso Europeo de Marcapáxinas – Fallo do xurado

10º Concurso Europeo de Marcapáxinas – Fallo do xurado
O xurado do 10º Concurso Europeo de Marcapáxinas acordou conceder os seguintes premios, con varios accésits: 1º premio (100 €): Laura Ferreiro Adrio - IES San Clemente, Santiago de Compostela. 2º premio (75 €): Noa Rey Fernández - IES Cosme López Rodríguez, A Rúa. 3º premio (50 €): Paulo...

Día de Europa 2020

Día de Europa 2020
Se a situación fose outra, o alumnado da sección bilingüe de 1ASIR e do ciclo Estrela PluriFP (ambos en portugués) celebraríamos o Día de Europa & eTwinning Day como no ano pasado, visitando un centro socio de Portugal. O proxecto no que traballamos neste ano é Letras Galegas 2020...

33º Concurso Literario

33º Concurso Literario
B A S E S 1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o 33º Concurso Literario. 2. Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades (ESO a distancia, Bacharelato a distancia e Ciclos Formativos). 3. Establécense dúas modalidades: relato e poesía. Cada participante poderá...

Aulas Galegas

Aulas Galegas
Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que, ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19, ofrecen unha axuda educativa á sociedade. Aulas galegas nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar...

10º Concurso Europeo de Marcapáxinas

10º Concurso Europeo de Marcapáxinas
B A S E S 1. Poderá participar o alumnado de todos os centros europeos por medio do proxecto eTwinning Letras Galegas 2020 – Ricardo Carvalho Calero, ademais de todo o alumnado do IES San Clemente. 2. Tema: o marcador debe recoller algunha imaxe relacionada co autor ou a súa obra...

5º Certame de micro vídeos – Fallo do xurado

5º Certame de micro vídeos – Fallo do xurado
O xurado do 5º Certame de micro vídeos seleccionou doce dos catorce traballos presentados. Damos as grazas a todos os participantes e ao profesorado implicado.     

5º Certame de relato breve – Fallo do xurado

5º Certame de relato breve – Fallo do xurado
O xurado do 5º Certame de relato breve acordou seleccionar todos os traballos recibidos (un total de oito), que serán publicados en xuño de 2020, en Rumbo (5).