• ?
  • Rexistro

Clube Tripé

Queres participar nun club de lectura de nova creación?

Tres libros, tres temáticas, tres reunións.

As actividades do Clube Tripé realízanse a distancia para garantir a igualdade de oportunidades na participación de todo o alumnado do IES San Clemente.

As tres actividades principais son:

  • Primeiro trimestre: lectura dun libro en lingua estranxeira.
  • Segundo trimestre: lectura dun libro relacionado coa igualdade.
  • Terceiro trimestre: lectura dun libro en lingua galega.

En cada trimestre, cada participante escolle un título diferente. En caso de non telo dispoñible na biblioteca, cómpranse os exemplares que sexan necesarios.

Ao final de cada trimestre, faise unha videoconferencia cunha posta en común coa axuda de aplicacións web como Padlet, Genially e Tricider.
Tamén realizaremos un xogo final con Kahoot ou similar.

Todo o alumnado participante recibirá un presente… ou varios!!

Animádevos!

Inscricións: clube@iessanclemente.net