• ?
  • Rexistro

Blogue “Dúbidas do galego”

Blogue “Dúbidas do galego”
Compartimos convosco o blogue Dúbidas do galego, que vén de facer cinco anos de vida, nos que publicou artigos moi interesantes sobre ortografía, neoloxismos, castelanismos, tecnoloxía, toponimia, dicionarios, etc.

Inauguración da exposición “Dúas illas” na Arousa

Inauguración da exposición “Dúas illas” na Arousa
O día 18 de xullo de 2016 ás 13:00, inauguramos a exposición "Dúas illas" no Auditorio da Illa de Arousa, dentro da segunda edición do festival O mar nunha flor. Trátase dunha das trinta e seis exposicións enREDadas que se realizan simultaneamente en varias cidades do mundo. No noso caso,...

EDLG – Informe final 2015/2016

Publicamos a memoria e todas as actas do EDLG do presente ano escolar. Entre outras cousas, podedes ver a avaliación das actividades realizadas, incluídas o Plan Proxecta Paisaxe e Sustentabilidade e a exposición doARTE. Máis información

Rumbo número 1

Rumbo número 1
Lanzamos a nova publicación do EDLG, que reúne os traballos presentados aos distintos concursos e certames durante o ano 2015-2016. Descargádea e desfrutádea! Website de Rumbo

Novo servizo da Xunta para consultar información xeográfica

Novo servizo da Xunta para consultar información xeográfica
Coincidindo cos nosos últimos pasos no Plan Proxecta Paisaxe e Sustentabilidade, a Xunta estrea un novo servizo para consultar mapas da xeografía galega. Aínda a aplicación base é a que utilizamos inicialmente, cando nola presentaron os técnicos da Consellaría de Medio Ambiente, o novo centro de descargas dispón de cinco...

As Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala
Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos institutos San Clemente e número 1 de Ordes, realizaron un traballo de investigación conxunto, co gallo do centenario da fundación das Irmandades da Fala. Descargar en formato PDF Descargar en formato ODP Máis información sobre esta conmemoración: As Irmandades...

VI Concurso Europeo de Marcapáxinas – Fallo do xurado

VI Concurso Europeo de Marcapáxinas – Fallo do xurado
O xurado do VI Concurso Europeo de Marcapáxinas acordou conceder os seguintes premios: 1º premio (100 €): Diego Vilar Beiras – IES San Clemente, Santiago de Compostela, Galiza, España 2º premio (75 €): Amélya Dunogue – Lycée professionnel Jean d’Arcet, Aire sur l’Adour, Francia 3º premio (50 €): David Vila...

Inauguración da exposición “Dúas illas”

Inauguración da exposición “Dúas illas”
O día 18 de maio de 2016 ás 13:00, inauguramos a exposición "Dúas illas", con obras de catorce docentes-artistas de diferentes lugares e máis de trinta alumnos e alumnas do CEIP de Sestelo-Baión, IES da Illa de Arousa e 1º EPAL de Ierápetra. Trátase dunha das trinta e seis exposicións...

Arte e xustiza social

Este é o lema xeral das exposicións enREDadas 2016. A nosa exposición Dúas illas, que vamos inaugurar o día 18 de maio ás 13:00, é unha das 36 exposicións simultáneas que se exhiben en varios países do mundo. Os donativos dos asistentes serán destinados a estes dous proxectos: Cáritas de Arousa-Santiago:...