• ?
  • Rexistro

Datas importantes

Para unha mellor planificación do tempo de estudo consulta xa as datas de exames. Nos arquivos adxuntos dispós de toda a información que necesitas.

Suspensión de Clases

Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro. Consellería de Educación e...

Vacacións de Nadal

O curso educativo renovarase o luns 11 de xaneiro de 2010.

Cualificacións da 1ª avaliación da ESAD e do bacharelato

Desde o mesmo día das avaliacións, ás 22 horas, pódense consultar e imprimir o correspondente boletín de cualificacións dos ensinos da ESAD e bacharelato a distancia. A datas das avaliación son: 1º,2º,3º e 4º da ESAD: 4 de decembro. 1º de bacharelato a distancia: 9 de decembro. 2º de bacharelato a distancia: 15...

Exames do bacharelato a distancia

Profesores do IES San Clemente trasladaranse ás cidades con centro EPA (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo) para realizar, á vez que no centro de Santiago de Compostela, as probas da primeira avaliación do bacharelato a distancia. No arquivo adxunto facilítase o horario dos exames

Querida Doña Elena

Documental que presenta un mundo de segredos no que se expuñan simples problemas estéticos pero tamén angustiosos dramas humanos, con relatos de amores prohibidos, dramáticas confesións de violencia doméstica, abusos, embarazos non desexados e, ata, algún delito xamais contado. Cunha factura impecable, na que ten moita presenza a banda sonora...