Máster en Desenvolvemento de aplicacións en linguaxe Python (Distancia)

Familia profesional

Informática e Comunicacións

Título que se obtén

Título de máster en Desenvolvemento de aplicacións en linguaxe Python.

Prazas ofertadas na modalidade a distancia

30

Requisitos académicos

Para acceder ao Máster en Desenvolvemento de aplicacións en linguaxe Python é necesario estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:

    1. Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR)
    2. Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW)
    3. Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (DAM)
    4. Técnico Superior en Desenvolvemento de Proxectos de Instalacións Térmicas e de Fluídos
    5. Técnico Superior en Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos
    6. Técnico Superior en Sistemas Electrotécnicos e Automatizados
    7. Técnico Superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos
    8. Técnico Superior en Mecatrónica Industrial
    9. Técnico Superior en Mantemento Electrónico
    10. Técnico Superior en Automatización e Robótica Industrial
    11. Técnico Superior en Electromedicina Clínica

Organización do ciclo

Duración: 430 horas.

Módulos Horas
Contornas e sintaxe en Python 50
Estruturas de control en Python 80
Programación orientada a obxectos 150
Análise de datos con Python 150

Que se aprende a facer?

Desenvolver aplicacións en linguaxe Python, optimizando a programación, seleccionando a arquitectura máis adecuada e verificando os resultados de acordo ás solucións para implementar.

 

En que ámbitos se traballa?

En todos os sectores económicos dedicados ao desenvolvemento de aplicacións en Python, tanto por conta allea como propia, desempeñando a actividade nas áreas de programación ou consultoría.

 

Que ocupacións se desempeñan?

Programadores en linguaxe Python. Creadores de aplicacións en Python. Verificadores / Depuradores de código. Programadores web. Programadores DevOps (desenvolvemento de operacións).

NOTA:

  • O máster pode contar con algunhas actividades presenciais. O calendario destas, publicarase antes do comezo do curso.
  • A data de comezo publicarase na páxina web do centro.
  • A distribución horaria dos diferentes módulos que conforman o curso será informada pola persoa titora  no primeiro día de inicio do curso.
  • Calquera cambio ante esta previsión se vos comunicará na web do centro como unha NOVA.

Máis Información

ies.sanclemente@edu.xunta.gal

https://www.edu.xunta.es/fp/

#FPGalicia

Teléfonos: 881 867 501 – 881 867 502, Fax: 881 867 538

 Cursos de especialización FP
 Admisión e Matrícula
 Admisión específica nos Cursos de Especialización
 Validacións
 Real Decreto do Curso de Especialización en Desenvolvemento de aplicacións en linguaxe Python
 Normativa que regula a Formación Profesional