O alumnado dos ciclos PluriFP SMR e ASIR (ambos en portugués) celebraron o Día de Europa & eTwinning Day visitando Viana do Castelo e realizando unha videoconferencia cun centro socio de Sintra no contexto do proxecto SOLE.
Actividade de 1ASIR en Viana – 2023
O alumnado e profesorado do ciclo PluriFP ASIR, desprazáronse a Viana do Castelo para coñecer a cidade, visitar a basílica e a Citânia de Santa Luzia e percorrer durante dúas horas o interior do navío Gil Eannes acompañados por un guía que explicou en portugués cales eran as funcións...
Xornadas de Empregabilidade 2022-2023
Os días 21, 24 e 26 de abril tiveron lugar as Xornadas de Empregabilidade, organizadas polo departamento de Formación e Orientación Laboral e dirixidas a todo o alumnado de FOL do centro.
Contouse coa participación das seguintes relatoras:
Verónica Rodríguez Ruzo, asesora de Promove Consulting.
Impartiu unha serie de obradoiros participativos...
Reclamacións 2º Bacharelato maio 2023
A Circular 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da ORDE do 2 de marzo de 2021, establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato, segundo o establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio...
Recta final do programa de FP Dual
O alumnado de Desenvolvemento de Aplicacións Web en modalidade dual, está a comezar o seu último período do curso xunto coa empresa SoftwareOne. Neste tempo participará no desenvolvemento dunha plataforma de aprendizaxe online para a ONG One Welfare, adicada ao benestar animal e humano, e da súa contorna física...
NOVO Ciclo Dual de Desenvolvemento de Aplicacións Web
O IES San Clemente comezará no curso 2023/2024 un novo ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW) en modalidade Dual, en colaboración coas empresas:
Inforhouse S.L.
Ozona Tecnologías de la Información S.L.
Balidea Consulting & Programming S.L.
Altia Consultores S.A.
Codebit Systems S.L.
Nática Sistemas de Información S.L.
Prazo de...
Convocadas as probas de acceso a ensinanzas artísticas para o curso 2023/2024
Foron convocadas probas de acceso a ensinanzas artísticas para o curso 2023/2024.
Acompáñanse ligazóns ás distintas instrucións:
Ensinanzas artísticas superiores de Música.
Ensinanzas artísticas superiores de Arte dramática.
Ensinanzas artísticas superiores de Deseño.
Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e restauración de bens culturais.
Convocadas as probas de acceso a ensinanzas deportivas para o curso 2023/2024
Foron convocadas as probas de acceso a ensinanzas deportivas para o curso 2023/2024.
Clube Maio 2023
Clica aquí para accederes ao boletín mensual
Exames Bacharelato maio 2023
En relación aos exames de Bacharelato de materias de 2º BAC (convocatoria Final Ordinaria: 9 e 11 de maio) e de 1º BAC (3ª Avaliación / Avaliación Final Adiantada: 8 e 10 de maio):
· Terán lugar de xeito presencial nos mesmos lugares nos que se fixeron os das avaliacións...
Enlaces Rápidos




