Xa temos gañadoras e gañadores dos tres bonos regalo de 30€ tras o sorteo realizado entre todas as vosas recomendacións literarias, para conmemorar o 11 de febreiro Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia:
Sara Montero Moure de 2º DAW Ordinario.
Julio Aller Acuña de 2º DAM...
Acreditación da competencia dixital do alumnado que cursa 2º de bacharelato no curso 2024-2025
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pon en marcha un procedemento para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2024-2025.
O alumnado que obteña no curso 2024-2025 o título de bacharelato no...
Exames convocatoria extraordinaria da ESA (1º Cuadrimestre)
Os exames correspondentes á proba extraordinaria do 1º Cuadrimestre da ESA terán lugar o día 28 de febreiro de forma presencial no IES San Clemente de Santiago de Compostela e nos obradoiros de Arzúa (Recinto Feiral Terra do Queixo), Boiro (Centro Social de Abanqueiro, Aldea Abanqueiro, 69), Santa Comba (Multiúsos Terra de Xallas) e A Mezquita (Multiúsos, carretera...
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde da convocatoria 2025
Publicada a Orde do 4 de febreiro de 2025 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
Tedes toda a información...
11F, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Con motivo da conmemoración do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a Biblioteca do IES San Clemente seleccionou libros do seu catálogo que poñen en valor o traballo de mulleres científicas.
Ao longo de toda a semana podes desfrutar desta selección no hall de entrada ao...
CLUBE Febreiro 2025
Clica aquí para accederes ao boletín mensual
Última hora: Matrícula ESA C2
A matrícula no 2º Cuadrimestre na ESA a distancia estará operativa ao longo do día de hoxe https://matricula.iessanclemente.net
Desculpade as molestias.
Convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos
O portal educativo da Xunta de Galicia, ven de publicar a Resolución do 27 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de...
Matrícula na ESA no 2º Cuadrimestre
Procedemento: a matrícula no 2º Cuadrimestre na ESA a distancia realizarase vía web, na páxina https://matricula.iessanclemente.net, achegando a continuación o impreso de matrícula e a documentación necesaria por correo postal á atención do persoal da oficina co asunto Matrícula ESA para a súa formalización (IES San Clemente, rúa San...
Cursos CISCO oficiais na Aula Mentor xaneiro 2025
Informámosvos de que está aberto o período de matriculación nos cursos de CISCO oficiais na Aula Mentor, ata o próximo 7 de febreiro de 2025.
Os cursos de CISCO oficiais son de pagamento (120€ cada módulo).
Nese prezo está incluída a posibilidade de obter a certificación oficial do curso correspondente, realizando...
Enlaces Rápidos




