O proxecto Sentinel, do equipo Tres días de gracia, foi galardoado co segundo premio ex aequo na duodécima edición da Xornada da Industria da Maker Faire Galicia, celebrada este venres 9 de outubro na Casa das Máquinas, de Santiago de Compostela. Este proxecto consiste nunha aplicación orientada aos servizos de emerxencias que emprega xemelgos dixitais.
Este e equipo formado polo alumno do centro Gonzalo Cordeiro Mourelle, e os ex-alumnos Andrés Daparte Cabo e Ezequiel Soto Seoane, e que contou en todo momento co apoio da profesora Cristina París, xa foi premiado na gran final internacional do HPE CDS Tech Challenge, na que acadou o primeiro posto.
O primeiro premio recaeu nunha aplicación móvil Valeria+, destinada a familias de niños con dificuldades da fala e da linguaxe. O outro segundo premio foi para AppGym, un dispositivo portátil para controlar a flexión lumbar, co obxectivo de contribuir a previr lesións.






