Equipo formado por estudantes do IES San Clemente, gañador da 5ª edición do HPE CDS Tech Challenge

O equipo formado polo alumno do centro Gonzalo Cordeiro Mourelle, e os ex-alumnos Andrés Daparte Cabo e Ezequiel Soto Seoane, acadou o primeiro posto na gran final internacional do HPE CDS Tech Challenge, celebrado os días 25 e 26 de abril nas oficinas de HPE e @HPECDS_ES en Madrid.

Estes tres alumnos, que coincidiron no centro cursando o ciclo superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web, enfrontáronse a outros catro equipos (2 de España, 1 de México, 1 de Colombia).
Trátase do primeiro equipo formado por alumnado de FP que chega á final (lóxicamente, tamén o primeiro en gañala).

Un dos compoñentes do equipo, Ezequiel Soto xa acadou as medallas de ouro no GaliciaSkills 2023 e no SpainSkills 2024, e participou en representación de España nos WorldSkills 2024 e EuroSkills 2025.
Durante a final, foron acompañados pola profesora do centro Cristina París.

Parabéns!!