O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca, como xa vén sendo habitual por estas datas, o 16º CONCURSO DE MARCADORES DE LIBRO para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026, sendo este ano a homenaxeada a grande escritora Begoña Caamaño.
As bases, de obrigado cumprimento, son:
- Poderá participar todo o alumnado do IES San Clemente, así como todo o alumnado doutros institutos, tanto de Galiza como de calquera lugar do mundo, que teña coñecemento desta iniciativa e estea interesado na mesma.
- O marcador de libros debe recoller algunha imaxe relacionada coa homenaxe do Día das Letras Galegas 2026 e pode incluír o lema “Begoña Caamaño: o galego fainos fortes” ou calquera outra frase alusiva á súa figura, á súa obra ou á cultura galega.
- Cada marcador deberá ter dúas caras, con medidas de 18 × 5 cm, en formato PNG e resolución 300dpi.
- Admitirase unicamente un traballo por participante, e será condición indispensábel que este sexa orixinal e inédito.
- A proposta enviarase ao enderezo edlg@iessanclemente.net xunto cos datos persoais da persoa participante.
- O prazo de admisión finaliza no día 4 de maio.
- Haberá un primeiro premio de vales por valor de 100 €, un segundo de 75 € e un terceiro de 50 €.
- A participación no concurso supón a aceptación destas bases.




