Medalla de bronce en Spainskills 2026

No campionato nacional de Formación Profesional, Spainskills 2026, o representante galego na competición de Administración de sistemas en rede, Martín Muíño Martínez, obtivo un excelente resultado acadando a medalla de bronce.

O IES San Clemente tamén quere agradecer o apoio do titor Víctor Manuel Martínez Taboada, e anima ao resto do alumnado do centro a seguir os pasos de Martín e das persoas que demostraron o gran nivel da Formación Profesional Galega nas competicións autonómicas, nacionais e internacionais.

Parabéns Martín!