Exames Avaliación Final ESPA C1 e prazos matrícula ESPA C2

Os exames da Avaliación Final do 1º Cuadrimestre da ESPA (ESPA C1)  terán lugar o venres 23 de xaneiro de forma presencial no IES San Clemente de Santiago e nas seguintes localidades: A Coruña (EPA Eduardo Pondal), Arzúa (Recinto Feiral Terra do Queixo), Boiro (Centro Social de Abanqueiro, Aldea Abanqueiro, 69), Camariñas (Casa da Pedra), Dumbría (Albergue Municipal de Dumbría), Lousame (Casa da Cultura), Santa Comba (Multiúsos Terra de Xallas), Verín (IES García Barbón) e Vigo (EPA Berbés).

Horario dos exames:

  • 9,30 10,30 – Ámbito Social
  • 10,45 12,00 – Ámbito Científico-tecnolóxico
  • 12,15 13,45 – Ámbito de Comunicación

O alumnado que teña dous Ámbitos de distintos niveis na mesma sesión avisará ao profesorado do San Clemente ao chegar e poderá dispoñer de máis tempo.

O alumnado deberá levar o seu DNI/NIE ou pasaporte aos exames e deberá coñecer o protocolo a respectar nos mesmos. Toda persoa que o precise poderá pedir xustificante de asistencia ao profesorado do San Clemente.

As cualificacións publicaranse o luns 2 de febreiro despois das 15.00. Poderán consultarse entrando en https://alumnado.iessanclemente.net/

A revisión será preferentemente telefónica ou telemática, os días 2 e 3 de febreiro, no horario de atención do profesorado nas Aulas virtuais.

Para solicitar a copia do exame o alumnado deberá dirixirse ao profesorado a través do correo da Aula Virtual e achegarlle o documento Solicitude copia exame debidamente cuberto e asinado, xunto co DNI, NIE ou pasaporte escaneado.

Prazos de matrícula ESPA C2:

O prazo de matrícula do 2º Cuadrimestre (ESPA C2) abrangue do 3 ao 5 de febreiro para o alumnado que non se presenta á convocatoria extraordinaria ESA C1 (venres 27 de febreiro).

O prazo de matrícula do 2º Cuadrimestre (ESPA C2) para o alumnado que se presenta á convocatoria extraordinaria do 27 de febreiro é do 10 ao 12 de marzo.