O galego fainos fortes. Feliz 2026!

Temos o pracer de anunciar as gañadoras do 16º Concurso de Felicitacións de Ano Novo. A obra premiada destaca pola súa creatividade e pola conexión coas nosas tradicións: un Apalpador xunto á lareira, símbolo do inverno galego e, desde a xanela, unha pandeireta, que nos lembra a feliz celebración das cantareiras que vivimos en 2025. Unha auténtica chiscadela á nosa cultura e á música tradicional!

Parabéns ás autoras pola súa imaxinación e talento!

Grazas tamén a todas as persoas participantes por manter viva esta fermosa iniciativa.

O 1º premio recaeu en María Nogareda Sánchez, alumna do IES Río Miño de Rábade.
O 2º premio recoñeceu a proposta de Ander Martínez Colinas, estudante do máster de ciberseguridade no IES San Clemente.
O 3º premio valorou o deseño de Sara Montero Moure, alumna de 2º DAW no IES San Clemente.
Ademais, a creatividade da postal enviada por Mónica Vidal Pena fixo que se recoñecese cun accésit.

Que o Apalpador nos traia o mellor para este ano que chega e para esta lingua que nos une e nos proxecta no mundo!