Procedemento: a matrícula na ESPA a distancia realizarase vía web, na páxina https://matricula.iessanclemente.net, achegando a continuación o impreso de matrícula e a documentación necesaria por correo postal á atención do persoal da oficina co asunto Matrícula ESA para a súa formalización (IES San Clemente, rúa San Clemente s/n, CP 15705, Santiago de Compostela). A matrícula non se considerará formalizada ata a recepción do impreso e a documentación.
O alumnado que solicite matricularse na educación secundaria de persoas adultas deberá presentar o historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade só no caso de aspirantes que cursasen estudos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
O alumnado matriculado nestas ensinanzas recibirá na súa conta de correo indicada na matrícula, o usuario e contrasinal para acceder á Aula Virtual do IES San Clemente.
Prazo
- Para o primeiro cuadrimestre, desde o 1 de setembro de 2025 ata o 16 de xaneiro de 2026.
- Para o segundo cuadrimestre, desde o 2 de febreiro ata o 24 de abril de 2026.
Para solucionar calquera dúbida sobre a matrícula pódese contactar co persoal do IES San Clemente no correo ies.sanclemente@edu.xunta gal ou no tlf. 881 86 75 01.
Nota importante: o calendario de exames e titorías estará á disposición dos alumnos e alumnas a partir do 8 de setembro nas aulas virtuais; tamén será publicado na páxina web https://www.iessanclemente.net/.
Requisitos para o acceso
- Idade: poderá matricularse calquera persoa maior de dezaoito anos ou que os cumpra no ano 2025. No caso das persoas que se matriculen no segundo cuadrimestre, deberán cumprir os dezaoito anos en 2026. Poderán matricularse tamén aquelas persoas maiores de dezaseis anos, ou que os cumpran no ano 2025, que acrediten documentalmente causas excepcionais (traballo, saúde, deportistas de alto nivel, ter cursado ensinanzas de persoas adultas con anterioridade) que lles impidan asistir a un centro presencial.
Circunstancias especiais de matriculación
- O alumnado que superou algún ámbito na proba libre para a obtención do título de graduado en educación secundaria daráselle por superado o cuarto módulo correspondente, segundo o cadro de equivalencias.
- Proba de Valoración inicial das aprendizaxes (VIA): para as persoas sen requisitos académicos que desexen matricularse na educación básica para persoas adultas por primeira vez, efectuaráselle na primeira semana do curso unha proba de valoración inicial co obxectivo de adscribilas ao módulo adecuado en cada ámbito de coñecemento. O alumnado interesado en facelas terá que anotarse para as probas na Oficina do centro. A proba de VIA no 1º Cuadrimestre (C1) será o día 12 (09:30) e a do 2º Cuadrimestre (C2) terá lugar o 30 de xaneiro (09:30). Estás datas poden sufrir algún cambio e convén revisar as datas no Calendario da ESPA que estará publicado nas AVs na sección de Titoría da ESPA.