Ciclos plurilingües – Informe final 2024/2025

Informe dos dous ciclos plurilingües en portugués do IES San Clemente

Durante o presente ano escolar, finalizamos o terceiro ano do ciclo plurilingüe ASIR e iniciamos o cuarto, cos módulos FH e ASXDB impartidos integramente en portugués nos grupos da mañá.

Tamén concluímos o sexto ano do ciclo plurilingüe SMR e iniciamos o sétimo, cos módulos AO e SR impartidos na mesma lingua estranxeira.

Nos catro grupos, traballamos en asociación con centros homólogos de Braga e Viana, realizáronse mobilidades Erasmus+ e exames oficiais de certificación de Lingua Estranxeira. Continuou a utilizarse o portugués como lingua vehicular, nas explicacións do profesorado, nas interfaces das aplicacións, nos manuais redactados polo alumnado, etc.

Grande parte do alumnado continuará a súa formación no próximo ano. Estes son os resultados parciais a día de hoxe:

  • 90 exames modelo (para adestramento) do CAPLE-FLUL en decembro e marzo.
  • 38 estudantes de FP e 2 de bacharelato, realizaron (ou van realizar en xullo) o exame de certificación de nivel B1 ou B2 no CAPLE coa axuda económica da Consellaría de Educación. Os resultados aínda non foron publicados.
  • 17 realizaron o exame de certificación a través do Instituto Camões. Os resultados aínda non foron comunicados.
  • 17 mobilidades Erasmus+ para estudos e prácticas en Évora, no Porto, en Viana e en Braga.
  • Proxecto eTwinning GaliMinho 3.0 co AE Carlos Amarante de Braga.
  • Reunión coas familias de 1SMR.
  • Clases de reforzo voluntarias para a preparación dos exames de certificación.
  • Actividades.

Tamén recibiron unha axuda económica para a inscrición nos exames oficiais. Pódese consultar aquí toda a información relativa a estas axudas.

Alumnos de ASIR realizando simulacros do CAPLE

 

Informe dos dous ciclos plurilingües en inglés do IES San Clemente

Durante o presente ano escolar titulou a terceira promoción do ciclo plurilingüe de Desenvolvemento de Aplicacións Web e a quinta promoción do ciclo plurilingüe de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.

Este alumnado preparouse para poder comunicarse e desenvolver o seu futuro traballo na empresa non solo en galego e castelán senón tamén en inglés, o cal lle abrirá moitas portas no mercado laboral. Cabe destacar que todos os grupos de 1º ordinario tiveron por primeira vez Inglés como módulo curricular.

Ademais puideron asistir a dúas sesións semanais de clases de inglés impartidas por profesorado con ampla experiencia no ensino desta lingua e na preparación das probas oficiais de certificación.

Grazas ao seu dominio do inglés puideron realizar con éxito prácticas noutros países a través do programa Erasmus+. Os países nos que realizaron as prácticas foron: República Checa, Eslovenia, Malta e Italia.

Ademais recibiron unha axuda económica da Consellería para conseguir unha certificación oficial en lingua inglesa. En xuño de 2025 tivo lugar no IES San Clemente o exame oficial multinivel de certificación en lingua inglesa Oxford (pendente de corrección). Presentáronse a esta convocatoria ou á EOI:

  • 31 estudantes de FP.
  • 2 estudantes de Bacharelato.

Pódese consultar aquí toda a información relativa a estas axudas económicas.