Os exames da convocatoria Extraordinaria da ESA C2 (2º Cuadrimestre) terán lugar o venres 20 de xuño de forma presencial no IES San Clemente e en Arzúa (Recinto Feiral Terra do Queixo), Boiro (Centro Social de Abanqueiro, Aldea Abanqueiro, 69), Santa Comba (Multiúsos Terra de Xallas), Verín ( IES García Barbón), así como en Vigo (EPA Berbés).
Horario dos exames:
- 9,30 a 10,30 – Ámbito Social
- 10,45 a 12,00 – Ámbito Científico-tecnolóxico
- 12,15 a 13,45 – Ámbito de Comunicación
O alumnado que teña dous Ámbitos de distintos niveis na mesma sesión avisará ao profesorado do San Clemente ao chegar e poderá dispoñer de máis tempo.
As cualificacións serán publicadas o 24 de xuño na seguinte ligazón. Revisións o 24 e 25. Para poder solicitar a copia do exame, o alumnado enviará a Solicitude copia exame dirixida ao profesor ou profesora do Ámbito e curso obxecto da solicitude e, igualmente, achegará a copia do seu DNI, NIE ou pasaporte escaneada a través do correo da aula virtual ou a través do ies.sanclemente@edu.xunta.gal