Temos moito Ano Castelao por diante!

Todo o ano 2025 foi declarado como Ano Castelao, por se faceren os 75 anos do seu falecemento. Desde o IES San Clemente estamos a preparar unha iniciativa, que se vai desenvolver neste finaliño de curso e tamén para 2025-26, para continuarmos con esta importante celebración.

Con ela, imos continuar a liña que xa iniciamos co premio de poesía escurecida, dedicado ao Sempre en Galiza, e que tivo unha magnífica acollida.

Viva Castelao e viva a lingua que nos une!