Un ano máis, o talento e a creatividade sobardaron as pantallas no Certame de Microvídeos convocado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela. E nesta décima edición, tan redonda como emocionante, xa temos as grandes triunfadoras!
Vídeos orixinais e con moita retranca chegaron de todos os recunchos do planeta (si, tamén do noso propio instituto!). O galego foi o protagonista en todos os casos.
As obras premiadas son:
Categoría xeral
Premio: “Superpoderes”, do grupo de alumnado de 2º de Bacharelato do IES Río Miño. Para o veres, clica aquí.
Categoría IES San Clemente
Premio: “Anuncio imposible”, de Iván e Éric. Para o veres, clica aquí: https://www.youtube.com/watch?v=-fL67HO89UA
Categoría Escollemos galego
Premio: “Arandos”, do Clube creativo Café de Pota. Para o veres, clica aquí: https://www.instagram.com/reel/DJrrco8iC3h/
Grazas a todas as persoas participantes por celebrar connosco a lingua que nos une, cun minuto e medio (ou menos!) de maxia audiovisual.