Gañadoras e gañadores do premio de poesía escurecida

🎉 CONCURSO DE POESÍA ESCURECIDA – XA TEMOS GAÑADORAS!

No marco do proxecto Escollemos Galego, o IES San Clemente organizou o Concurso de Poesía Escurecida: “Redescubrindo a forza das palabras prohibidas”, como homenaxe polo 75 aniversario do falecemento de Castelao.

A partir de páxinas do Sempre en Galiza, participantes de todo o mundo puxeron en valor as palabras silenciadas, riscando para crear —esta vez— liberdade e poesía.

Foi un auténtico pracer recibir tantas propostas cheas de creatividade e compromiso coa nosa lingua e cultura!

 E agora si… as persoas premiadas son:

Categoría A (Estudantes de secundaria de calquera lugar):
🥇 1º Premio: Andrea Zapata Barja
🥈 2º Premio: Daniela Carracelas
🥉Accésits: Naiara López Pérez e Abel Morgado García.

Categoría B (Persoas de calquera idade):
🥇 1º Premio: Beatriz López Dorado.
🥈 2º Premio: Roberto Carballo López.

Categoría C (Estudantes do IES San Clemente):
🥇Accésit: Ramón Salgado Alcalde.

Desfrutade coas súas achegas!

Obra de Andrea Zapata Barja:

Obra de Daniela Carracelas:

Obra de Abel Morgado:

Obra de Naiara López:

Obra de Beatriz López Dorado:

Obra de Roberto Carballo López:

Moitas grazas a todas as persoas participantes! Espallemos o galego! Espallemos a obra de Castelao!