Instrucións matrícula PAU (convocatoria ordinaria e extraordinaria 2025)

Matrícula Anticipada (alumnado que rematou os seus estudos en anos anteriores)

  • Prazo de matrícula: do 5 ao 19 de maio para a convocatoria Ordinaria e do 12 ao 16 de xuño para a convocatoria Extraordinaria.
  • O alumnado fará a matrícula directamente no NERTA:  https://www.edu.xunta.es/nerta

 

Matrícula Ordinaria (alumnado que remata os estudos en maio de 2025)

  • Prazo de matrícula16 ao 19 maio (convocatoria Ordinaria) e do 13 ao 16 xuño (convocatoria Extraordinaria) de 2025 (de 09:00 a 14:00)
  • O alumnado fará a matrícula no IES San Clemente en Santiago, aínda que solicite facer os exames noutra localidade.
  • Documentación a presentar: 2 fotocopias do DNI, taxa pagada do título de Bacharelato (54,00€), taxa pagada da PAU (63,67€) e impreso de matrícula PAU.

 

Os exames serán os días 3, 4 e 5 de xuño (convocatoria Ordinaria) e o 1, 2 e 3 de xullo (convocatoria Extraordinaria).

Protocolo PAU 2025