• ?
  • Rexistro

MATRÍCULA NO BACHARELATO PARA PERSOAS ADULTAS A DISTANCIA

INSTRUCIÓNS CURSO 2023/2024

Prazo de matriculación

Do 1 de setembro ao 20 de setembro de 2023, ambos incluídos.

O alumnado que remate estudos de educación secundaria para persoas adultas no  mes de febreiro poderá realizar a matrícula do 15 ao 29 dese mesmo mes.

Ata o 26 de abril de 2024, sempre que o alumno ou alumna xustifique circunstancias excepcionais, debendo solicitalo por escrito á dirección do IES San Clemente.

Nota importante: o calendario de exames e titorías estará á disposición dos alumnos e alumnas no IES San Clemente a partir do 11 de setembro nas aulas virtuais; tamén será publicado na páxina web https://www.iessanclemente.net/, que deberá ser consultada continuamente polo alumnado ao longo do curso como medio de comunicación oficial do centro.

Lugares de matrícula

A matrícula de Bacharelato a distancia pódese realizar:

·   De xeito preferente vía web, na páxina https://matricula.iessanclemente.net, achegando a continuación por correo a documentación necesaria ao IES San Clemente para a súa formalización.

 Poderanse recoller tamén matrículas de xeito presencial nos seguintes lugares:

·  Na secretaría do IES San Clemente de Santiago de Compostela, rúa San Clemente s/n, CP 15705, Santiago de Compostela, tlf. 881 86 75 01  https://www.iessanclemente.net/  https://goo.gl/8E73yL

 ·      Nas distintas EPA de:

     A Coruña: Centro EPA “Eduardo Pondal”, rúa Pepín Rivero s/n, CP 15011, tlf. 881 96 0901.

      Ferrol: Centro EPA “Sta. María de Caranza”, rúa Luís de Requeséns, s/n, CP 15406, tlf. 881 93 83 17.

      Lugo: Centro EPA “Albeiros”, Parque da Milagrosa s/n, CP 27003, tlf. 982 82 81 06.

      Ourense: Centro EPA, rúa Álvarez de Soutomaior, 4, CP 32002, tlf. 988 24 38 34.

      Pontevedra: Centro EPA “Río Lérez”, Avda. De Buenos Aires nº26, CP 36002, tlf. 886 15 94 21.

      Vigo: Centro EPA “Berbés”, rúa Marqués de Valterra nº8, CP 36202, tlf. 886 11 09 76.

      Burela: no IES “Monte Castelo”, rúa Os Matos, 27880, Burela, Lugo, tlf. 982 82 82 41.

·      Por correo certificado, recollendo o sobre de matrícula en calquera dos centros EPA, introducir nel toda a documentación que se relaciona no mesmo sobre de matrícula, e enviándoo ao seguinte enderezo:

IES San Clemente
(Matrícula Bacharelato)
r/ San Clemente s/n.
Santiago de Compostela
15705 A Coruña

 

Novidades matriculación curso 23/24

O alumnado que repita matrícula de 2º Bacharelato poderá cubrir e entregar xunto coa matrícula a solicitude para continuar estudos segundo a estrutura definida no decreto 86/2015 (LOMCE).

 

Requisitos para o acceso

·      Idade: poderá matricularse calquera persoa maior de dezaoito anos ou que os cumpra antes do 31 de decembro de 2023, e aquelas persoas maiores de dezaseis anos que acrediten documentalmente causas excepcionais (traballo, saúde, deportistas de alto nivel, estudantes de música e danza) que lles impidan asistir a un centro presencial. 

·      Académicos para 1º de Bacharelato:

  • Título de Graduado en Secundaria Obrigatoria.
  • Título de Técnico correspondente á Formación Profesional específica de grao medio, Técnico Auxiliar de Formación Profesional de Primeiro Grao ou Técnico deportivo, tras cursar as ensinanzas deportivas de grao medio.
  • Ter aprobado 2º de BUP ou como máximo dúas materias pendentes no conxunto dos dous cursos.
  • Ter superados os estudos do Primeiro ciclo do Programa Experimental de Reforma das Ensinanzas Medias (REM).
  • Ter superados os cursos comúns de estudos de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos.

·      Académicos para acceso directo a 2º de Bacharelato:

  • Ter superado 3º de BUP e título de bacharel. O alumnado nestas condicións pode matricularse en calquera modalidade de Bacharelato.
  • Ter superado 2º curso de Formación Profesional de 2º grao (réxime xeral), ou 3º curso de Formación Profesional de 2º grao (réxime de ensinanzas especializadas).
  • Ter superado 1º curso dunha modalidade de Bacharelato experimental.
  • Ter superado a segunda especialidade ou título de Graduado en Artes aplicadas e Oficios Artísticos. 

 

Circunstancias especiais de matriculación

·      O alumnado que se incorpore ao bacharelato para persoas adultas con materias superadas do bacharelato ordinario conservará a cualificación positiva destas.

·     O alumnado que acceda ao bacharelato desde os ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional específica ou de Artes aplicadas e Deseño poderá validar as materias de Bacharelato, de acordo co establecido na lexislación vixente.

·      Se un alumno ou alumna se matricula de dúas materias de contidos progresivos, non poderá ser avaliado da de 2º sen ter superada, previamente, a de 1º.

·      O alumnado de 2º de bacharelato na modalide de Humanidades e Ciencias Sociais deberá escoller obrigatoriamente “Historia da Filosofía” como materia de opción, excepto cando xa estivera matriculado do 2º nos cursos 2015-16, 2016-17 ou 2017-18 e teña superada unha ou as dúas materias de opción.

 

 Aula virtual

O alumnado matriculado nestas ensinanzas debe darse de alta na Aula Virtual que hai na páxina web do IES San Clemente, coa finalidade de seguir o proceso de
aprendizaxe a t ravés das guías electrónicas e como medio de comunicación co profesorado. Os pasos a seguir son os seguintes:

  1. 1.   Entrar en https://www.iessanclemente.net/
  2. 2.   Pulsar en [Rexistro]
  3. 3.   Poñer o número do DNI coa letra, sen guión e sen espazos, e a data de nacemento co formato dd/mm/aaaa. Por exemplo “28/06/1978”.
  4. 4.   Pulsar aceptar e cumprimentar todos os datos que se solicitan. A clave deberá ter entre 5 e 10 letras.
  5. 5.  A partir de agora poderá entrar na páxina principal poñendo como usuario o número do DNI e como contrasinal a clave que puxo anteriormente (no punto 4).