• ?
  • Rexistro

MATRÍCULA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS A DISTANCIA

INSTRUCIÓNS CURSO 2023/2024

 

Prazo de matriculación

A inscrición para acceder a calquera dos módulos das ensinanzas de educación secundaria a distancia para persoas adultas na modalidade telemática será:

a) Para o primeiro cuadrimestre, desde o 1 de setembro de 2023 ata o 12 de xaneiro de 2024.

b) Para o segundo cuadrimestre, desde o 1 de febreiro ata o 26 de abril de 2024.

Para o alumnado que, por motivos laborais, necesite xustificación de estar cursando ensinanzas básicas para persoas adultas con posterioridade á data de matrícula establecida, o centro educativo poderá realizar a reserva de matrícula ata a apertura do novo prazo no curso seguinte.

 O alumnado que solicite matricularse na educación secundaria de persoas adultas deberá presentar a
seguinte documentación:

-Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade só no caso de aspirantes
que cursasen estudos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Solicitude de matrícula. 

Lugares de matrícula

A matrícula das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultasa distancia pódese realizar: 

Na secretaría do IES San Clemente de Santiago de Compostela, rúa San Clemente s/n, CP 15705, tlf. 881 86 75 01 https://www.iessanclemente.net/
https://goo.gl/8E73yL

 Nas distintas EPA de:

A Coruña: Centro EPA “Eduardo Pondal”, rúa Pepín Rivero s/n CP 15011, tlf 881 96 09 01

Ferrol: Centro EPA “Sta. María de Caranza”, rúa Luís de Requeséns, s/n, CP 15406, tlf
881 93 83 17.

Lugo: Centro EPA “Albeiros”, Parque da Milagrosa s/n, CP 27003, tlf 982 82 81 06.

Ourense: Centro EPA, rúa Álvarez de Soutomaior, 4, CP 32002, tlf 988 24 38 34.

Pontevedra: Centro EPA “Río Lérez”, Avda. De Buenos Aires nº26, CP 36002, tlf 886 15 94 21.

Vigo: Centro EPA “Berbés”, rúa Marqués de Valterra nº8, CP 36202, tlf 886 11 09 76.

 Por correo certificado, recollendo o sobre de matrícula en calquera dos centros EPA, introducindo nel toda a documentación que se relaciona no mesmo sobre de matrícula, e enviándoo ao seguinte enderezo:

 IES San Clemente
(Matrícula ESA)
r/ San Clemente s/n.
Santiago de Compostela
15705 A Coruña 

 

Requisitos para o acceso


Idade: poderá matricularse calquera persoa maior de dezaoito anos ou que os cumpra antes do 31 de decembro de 2023. No caso das persoas que se matriculen no segundo cuadrimestre, deberán cumprir os dezaoito anos en 2024.                   


Poderán matricularse aquelas persoas maiores de dezaseis anos que acrediten documentalmente causas excepcionais (traballo, saúde, deportistas de
alto nivel, ter cursado ensinanzas de persoas adultas con anterioridade) que lles impidan asistir a un centro presencial.

 

A xefatura territorial que corresponda, tras o informe favorable da inspección educativa, poderá autorizar a matrícula na educación secundaria a distancia a aquelas persoas que estean en centros de menores dependentes da Xunta de Galicia con medidas legais de internamento en réxime pechado ou terapéutico. 

 

Circunstancias especiais de matriculación

 

Alumnado procedente da proba libre para a obtención do título de graduado en educación secundaria.

Ao alumnado que superou algún ámbito da proba para a obtención do título de graduado en educación secundaria daráselle por superado o cuarto módulo correspondente, segundo o cadro de equivalencias.

 

Proba de avaliación inicial

Para as persoas sen requisitos académicos que desexen matricularse na educación básica para persoas adultas por primeira vez efectuaráselle unha proba de avaliación inicial co obxectivo de adscribilas ao módulo adecuado en cada ámbito de coñecemento. As probas para o 1º Cuadrimestre terán lugar na primeira semana do curso e para o 2º Cuadrimestre na primeira semana de febreiro de 2024 no IES San Clemente. O alumnado interesado en facelas terá que avisar con antelación na Xefatura de Estudos.

 

 Aula virtual

O alumnado matriculado nestas ensinanzas debe darse de alta na Aula Virtual que hai na páxina web do IES San Clemente, coa finalidade de seguir o proceso de
aprendizaxe a través das guías electrónicas e como medio de comunicación co profesorado. Os pasos a seguir son os seguintes:

1.  Entrar en https://www.iessanclemente.net/

2.  Pulsar en [Rexistro]

3.  Poñer o número do DNI coa letra, sen guión e sen espazos, e a data de nacemento co formato dd/mm/aaaa. Por exemplo “28/06/1978”.

4.  Pulsar aceptar e cumprimentar todos os datos que se solicitan. A clave deberá ter entre 5 e 10 letras.

5.  A partir de agora poderá entrar na páxina principal poñendo como usuario o número do DNIe como contrasinal a clave que puxo anteriormente (no punto 4).