• ?
  • Rexistro

Instruccións matrícula ABAU (convocatoria ordinaria xuño 2023)

Matrícula Anticipada (alumnado que rematou os seus estudos en anos anteriores)

Prazo de matrícula: do 5 ao 23 de maio de 2023

O alumnado fará a matrícula directamente no NERTA: https://www.edu.xunta.es/nerta
Matrícula Ordinaria (alumnado que remata os estudos en maio de 2023)

Prazo de matrícula: 22 de maio de 2023 (de 09:00 a 14:00).  
O alumnado fará a matrícula no IES San Clemente en Santiago, aínda que os exames os fixera en outra localidade.
Documentación a presentar: 2 fotocopias do DNI, taxa pagada do título de bacharelato LOMCE (54,00€), taxa pagada da ABAU (63,67€) e impreso de matrícula ABAU
Os exames serán os días 6, 7 e 8 de xuño