• ?
  • Rexistro

Xornadas de Empregabilidade 2022-2023

Os días 21, 24 e 26 de abril tiveron lugar as Xornadas de Empregabilidade, organizadas polo departamento de Formación e Orientación Laboral e dirixidas a todo o alumnado de FOL do centro.
Contouse coa participación das seguintes relatoras:
  • Verónica Rodríguez Ruzo, asesora de Promove Consulting.
Impartiu unha serie de obradoiros participativos baixo o nome de Habilidades sociais para o emprego, no que destacouse a importancia das actitudes persoais e sociais na busca de traballo.
  • Loli Lamas Vázquez, Service Delivery Manager de CDS, unha empresa de HP.
Impartiu dúas charlas co título de Marca persoal, sobre as habilidades sociais máis demandadas polas empresas, a realización de presentacións corporativas, a importancia das redes sociais na busca de emprego, as pautas para facer o curriculum vitae e para abordar con éxito a entrevista de traballo.