• ?
  • Rexistro

Reclamacións 2º Bacharelato maio 2023

Circular 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da ORDE do 2 de marzo de 2021, establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato, segundo o establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio de Educación. 

Esta circular establece os seguintes prazos para as revisións de materias de 2º de Bacharelato e de materias pendentes de 1º Bacharelato:

1. As cualificacións finais de 2º de Bacharelato e de materias pendentes de 1º de Bacharelato publicaranse na aula virtual das ensinanzas, aulavirtual.iessanclemente.net, o día 15 de maio a partir das 14.00 horas.

2. O alumnado que considere que non foi avaliado obxectivamente poderá reclamar ante o profesorado da materia correspondente, preferentemente de xeito telefónico ou telemático, os días 15 e 16 de maio.

3. O alumnado que non estea conforme coas explicacións do profesorado poderá presentar reclamación sobre a súa cualificación, dirixida á dirección, os días 16 de 9 a 14h, o día 19 de 10 a 13h e o 22 de maio de 9h a 12h. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.

4. O alumnado que solicite a revisión deberá ter o seu móbil operativo de 13:00 a 14:00 horas do día 22 de maio para recibir a chamada do director notificándolle a resolución correspondente.

5. O director, na súa chamada, informaralle ao alumnado afectado que se non está conforme coa resolución do Departamento, poderá presentar reclamación ante a Xefatura Territorial ata as 14:00 horas do día 24 de maio. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.

Nota importante: as solicitudes de reclamación deberán conter cantas alegacións xustifiquen a desconformidade coa cualificación final ou coa decisión adoptada.

Canto á promoción do alumnado de 2º Bacharelato remitíminos á ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, e, en concreto, ao Artigo 17. Obtención do título de bacharel polo réxime de persoas adultas accesible premendo nesta ligazón.

1. As alumnas e os alumnos que cursen o bacharelato polo réxime para persoas adultas obterán o título sempre que obtivesen avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato, ou en todas as materias agás unha. Neste último caso, deberanse reunir as condicións seguintes:

a) Que o equipo docente considere que a alumna ou o alumno alcanzou as competencias e os obxectivos vinculados a ese título.

b) Que non se produciu un abandono da materia por parte da alumna ou do alumno, conforme os criterios establecidos por parte dos centros* no marco do disposto pola consellería con competencias en materia de educación.

c) Que a alumna ou o alumno se presentou a todas as probas e realizou todas as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria.

d) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa sexa igual ou superior a cinco.

* Criterio establecido polo centro respecto ao apartado b: considérase abandono da materia cando un alumno ou alumna non se presenta ao exame na convocatoria ordinaria ou na extraordinaria, ou cando, presentándose, acada un cero.

A Xefatura de Estudos