• ?
  • Rexistro

NOVO Ciclo Dual de Desenvolvemento de Aplicacións Web

O IES San Clemente comezará no curso 2023/2024 un novo ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW) en modalidade Dual, en colaboración coas empresas:

  • Inforhouse S.L.
  • Ozona Tecnologías de la Información S.L.
  • Balidea Consulting & Programming S.L.
  • Altia Consultores S.A.
  • Codebit Systems S.L.
  • Nática Sistemas de Información S.L.

Prazo de inscripción: (por concretar).

A FP Dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

Nos dous anos que dura o ciclo, o IES San Clemente e as empresas colaboradoras comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral. O alumnado admitido percibirá unha remuneración proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación.

Máis información no tríptico informativo.

Outra información sobre a FP dual en Galicia.

Máis información en: