• ?
  • Rexistro

4º Certame de Fotografía “Mulleres na sombra”

Para as miradas atentas …

Conmemorando o Día Internacional da Muller (8 de marzo),  o Obradoiro da Igualdade do IES San Clemente convoca o 4º Certame  de Fotografía “MULLERES NA SOMBRA”.

B A S E S

1.- Poderán participar todos os membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e PAS).

2.- As fotografías deberán ser orixinais, inéditas e deberán visualizar o papel e a participación das mulleres en todos os ámbitos.

3.- As fotografías deberán ter un título e vir acompañadas dunha frase que explique o seu significado.

4.- Non se poderán empregar imaxes ou nomes que identifiquen marcas comerciais nin persoas das que non se dispoña de autorización para a difusión da súa imaxe.

5.- As fotografías deberán enviarse por correo electrónico a igualdade@iessanclemente.net indicando o título, a frase que a acompaña e os datos persoais dos/das participantes.

6.- O prazo de participación estará aberto dende o dia 22  de febreiro ata o 05 de marzo do 2022 ás 23:59 horas. Non se admitirán fotografías recibidas con posterioridade a esa data.

7. Premiarase a beleza, orixinalidade e o significado contido no material achegado.

8.- As fotografías que non cumpran os criterios determinados nestas bases non serán consideradas, e tampouco aquelas cuxo tema non sexa o sinalado nestas bases ou que podan resultar ofensivas.

9.- Concederanse tres premios en cheques para libros ou material informático a elixir valorados en:

  • 1º Premio: 60€
  • 2º Premio: 40€
  • 3º Premio: 30€

Os traballos premiados publicaránse na web e no INSTAGRAM do instituto, e desde o Obradoiro da Igualdade poñerémonos en contacto coas persoas gañadoras para establecer a forma de entrega dos premios.

10.- O xurado será o Obradoiro da Igualdade do IES San Clemente, podendo contar coa colaboración de  persoal docente do centro.

11.- O veredicto do xurado será inapelable.

12.- A participación no certame supón a aceptación destas bases.