• ?
  • Rexistro

3º Concurso de Proxectos innovadores

Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)  do IES San Clemente convoca o 3º Concurso de Proxectos Innovadores.

  • Poderá participar o alumnado do centro matriculado en FP da familia de Informática en calquera das modalidades dispoñibles.
  • Cada participante poderá presentar un proxecto innovador relacionado coa lingua galega. Estes deberán ser orixinais, inéditos, innovadores e estarán redactados en galego, empregando unha linguaxe inclusiva.
  • A extensión da descrición da idea do proxecto debe estar entre 200 e 1000 palabras. Debe conter: un título, unha breve descrición, obxectivos, tecnoloxías que se empregarían na súa implementación e calquera outra información relevante.
  • Os traballos deberán enviarse en formato PDF por correo electrónico a edlg@iessanclemente.net indicando o título e datos persoais da persoa participante (nome, apelidos e ciclo).
  • O prazo máximo para a entrega dos traballos é o 10 de maio de 2023 ás 23:59 horas.
  • Haberá un primeiro premio de 150€ e un segundo de 100€ en material escolar ou informático.
  • O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino.
  • O veredicto do xurado darase a coñecer no mes de maio.
  • A participación no concurso supón a aceptación destas bases.